O Concello de Cambados recolleu 31 Toneladas nos colectores de roupa usada durante o exercicio 2017

O Concello de Cambados recolleu 31 Toneladas nos colectores de roupa usada durante o exercicio 2017

O concello de Cambados ven de recibir os informes anuais emitidos para dar conta dos Convenios de Colaboración tanto con Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, como de “Humana – Fundación Pueblo para Pueblo” para a instalación de colectores coa finalidade da recollida e tratamento do residuo téxtil, e que en virtude destes convenios existen no concello de Cambados un total de 10 colectores de roupa.

Desta maneira a empresa de Inserción Laboral, ARROUPA SANTIAGO EIL, titularidade de Fundación Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela ven de informar o concello de Cambados que o pasado exercicio 2017 nos 4 colectores habilitados para a recollida e tratamento do residuo téxtil no Concello de Cambados, foron quen de recoller en total 17.831,40 Kg de roupa usada, 831,90 Kg máis co ano pasado, sendo o colector situado na Igrexa Parroquial de Santa Mariña Dozo, con 8.656,50 Kg, o que maior volume de roupa reciclou neste período, seguido do instalado na Igrexa de Corvillón con 4.212,20 Kg, logo atopase o situado na Igrexa de Vilariño con 3.087,80 Kg, e para rematar o colector instalado na Igrexa de Oubiña con 1.874,90 Kg.

Por outra banda, dende “Humana – Fundación Pueblo para Pueblo”, tamén se nos trasladou ao Concello de Cambados os datos de recollida dos 6 colectores de roupa usada que ten distribuídos, e que o pasado exercicio 2017 recolleron un total de 13.260,77 Kg de roupa, sendo o colector situado na Rúa Os Olmos, con 3.682,28 Kg, o que maior volume de roupa reciclou neste período, seguido do instalado na Avenida de Galicia con 2.640,81 Kg, logo atopase o situado na Avenida de Vilariño con 2.491,91 Kg, o situado na Avenida da Coruña con 2.159,78 Kg, o situado na Rúa Sabugueiro con 1.821,46 Kg e para rematar o colector instalado na Avenida de Vilagarcía con 464,53 Kg.

O Concelleiro de Servizos Sociais, Sanidade e Terceira Idade de Cambados, Tino Cordal, “valora como positivos estes datos”, xa que estase a incrementar ano tras ano o volume de roupa reciclada grazas a integrar as distintas Parroquias de Cambados neste servizo de reciclaxe, ademais quere destacar que as empresas encargadas do reciclaxe “certifican que todos os residuos non reutilizables xerados foron tratados con un Xestor Autorizado de residuos para a súa eliminación” e agradécelle a tódolos veciños, a súa colaboración con esta campaña.

Cordal considera ademais que “entre os obxectivos desta campaña tamén estaba transmitir á poboación cambadesa valores como a reciclaxe e a solidariedade entre veciños, sobre todo nos casos en que existen necesidades evidentes”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.