O CONCELLO DE CAMBADOS PROMOCIONA O ENOTURISMO NA FEIRA DE ARDOARABA DE VITORIA

O CONCELLO DE CAMBADOS PROMOCIONA O ENOTURISMO NA FEIRA DE ARDOARABA DE VITORIA

Na pasada Ponte da Constitución, o concelleiro de enoturismo José Ramón Abal acudiu   xunto coa técnica de turismo do concello de Cambados a  Feira de Ardoaraba, promocionando Cambados Enoturismo, Capital del Albariño;  estando presente nos actos de inauguración e nas distintas xornadas e actividades levabas a cabo durante toda a fin de semana na capital alavesa.

Ardoaraba, está considerada a feira de viño protagonista durante a Ponte da Constitución en Vitoria e o evento Gastronómico Popular  de Referencia en Euskadi, celebrándose neste 2015 a 10º edición. Por iso, sendo Cambados a Capital do Viño Albariño, non podía faltar a este evento,  posto que é unha gran oportunidade para promocionar e dar a coñecer o noso sector do viño no norte de España.

Dende o día 4 ata o día 7 de Decembro, co emblema “Cambados Enoturismo, Capital del Albariño” os Servicios Turísticos do Concello de Cambados acudiron por terceiro ano consecutivo a esta feira, dando a coñecer a oferta de 11  bodegas de Albariño da nosa vila. Así, bodegas Martín Códax, Condes de Albarei, Aquitania, El Secreto de Candela, Terra de Asorei, A Capitana, Pepa A Loba, Lagar da Cachada, Sotelo e  Ouso da Torre, conscientes da importancia de acudir a estes eventos nos que se da a coñecer os seus produtos, non quixeron perder a oportunidade de promocionarse no norte de España, onde o consumo de Albariño está a medrar considerablemente.

A feira levouse a cabo en catro carpas, situadas en distintas prazas,  con un total de 42 stands que albergaron 33 bodegas, catro denominacións de orixe e cinco espazos para pinchos. O stand “Cambados Enoturismo, Capital del Albariño” estivo na praza Matxete(300m2), en pleno Casco Medieval de Vitoria,  e por onde pasaron segundo datos oficiais da organización máis de 100.000 persoas polas catro carpas ó longo dos catro días que durou a feira.

Os vitorianos réndense ante ás calidades do albariño.

Foi tan elevada a demanda do noso produto que na última xornada da feira tívose que colgar o cartel de esgotadas existencias unha hora antes do peche da feira, posto que moitos aseguraban que acudían a esa carpa atraídos polo stand do albariño, e moitos foron os que repetían tras probar o noso afamado caldo.  Os vitorianos e os turistas que alí se atopaban alagaban as calidades do viño indicando que o consideraban un viño dunhas excelentes calidades amosando o seu interese en adquirilo,  especialmente para estas datas que se aveciñan, levando para iso material promocional coa información das bodegas participantes.

Ademais, a demanda de información foi moi elevada, mostrando interese xeral pola nosa vila. Tras o viño, o centro histórico e a gastronomía foron as cuestións máis demandadas. Sendo, un éxito e  un acerto a decisión de asistir un ano máis a feira Ardoaraba por parte do noso concello.