O CONCELLO DE CAMBADOS PRESENTA O OBRADOIRO DE EMPREGO CAMBADOS REXENERACIÓN URBANA E MEDIOAMBIENTAL, CAMBADOS CIDADE EUROPEA DO VIÑO

O CONCELLO DE CAMBADOS PRESENTA O OBRADOIRO DE EMPREGO CAMBADOS REXENERACIÓN URBANA E MEDIOAMBIENTAL, CAMBADOS CIDADE EUROPEA DO VIÑO

Na vindeira semana poñerase en marcha o Obradoiro de Emprego “CAMBADOS REXENERACIÓN URBANA E MEDIOAMBIENTAL CAMBADOS CIDADE EUROPEA DO VIÑO”, subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, con dous módulos formativos, Carpintaría e Xardinaría-Forestal.

Os anteriores Obradoiros do Concello de Cambados acadaron un grado de ocupación superior o 70%, así o Obradoiro para a Mocidade 2015 “Cambados emprego xuvenil” contou cunha ocupación dun 77% de inserción, ou mesmo o Obradoiro “Cambados Turismo Sostible III” que acadou un 73% de inserción, o que demostra o alto indice de inserción dos obradoiros de emprego que se realizarón en Cambados.

Tódalas aquelas persoas que participan no mesmo estaban inscritas como demandantes na Oficina de Emprego de Cambados. En concreto contratouse o seguinte persoal:

1 DIRECTOR

2 DOCENTES para a impartición dos referidos módulos

1 TITOR

1 ADMINISTRATIVO

10 ALUMNO-TRABALLADOR XARDINERIA-FORESTAL

10 ALUMNO-TRABALLADOR CARPINTARÍA

A finalidade deste obradoiro de emprego é por un lado a formación e o emprego dun dos colectivos máis prexudicados pola crise como son os maiores de 45 anos e os mozos e, por outro lado, dar resposta á demanda dos cambadeses tanto do casco histórico como das parroquias do rural e, máis en concreto, dos emprendedores do sector do turismo e do comercio, para mellorar a imaxe patrimonial, cultural e de ocio, fomentando o turismo e facilitando a desestacionalización do mesmo neste Concello.

Rexeneración Urbana e no Rural.

Por outra banda, o Concello de Cambados vai acometer unha serie de actuacións tanto no núcleo urbano coma nas parroquias, así tense previsto realizar un total de seis actuacións/servizo ao longo dos 9 meses de duración do Obradoiro. Ás actuacións deste proxecto van encamiñadas a mellorar a calidade de vida dos cambadeses e visitantes, dar impulso aos itinerarios artísticos-culturais e apoio ás demandas dos sectores do Concello de Cambados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.