O CONCELLO DE CAMBADOS ORGANIZA O SAMAÍN E MAGOSTO, ESTE VENRES 30 DE OUTUBRO

O CONCELLO DE CAMBADOS ORGANIZA O SAMAÍN E MAGOSTO, ESTE VENRES 30 DE OUTUBRO
O vindeiro venres 30 de Outubro vai ser finalmente a data elixida para celebrar o Samaín e o Magosto no Concello de Cambados.

A Concellería de Cultura decidíu adiantar esta actividade para que non coincidise coa homenaxe que o sábado 31 se vai a realizar na biblioteca municipal en recordo do seu bibliotecario Luis Rei, falecido este verán.

O lugar escollido este ano para pasar unha tarde de medo será o xardín da biblioteca municipal e a rúa San Francisco que se pechará ao tráfico. A partir das 17.30 horas, se o tempo o permite haberá xogos e actividades lúdicas para os pequenos da casa aos que animan a vir cos seus traxes máis terroríficos. Maquillaxes, globoflexia, tirada de trompos, xincanas, formarán parte da programación proposta. Ademais contarán cos doces típicos destas datas grazas á  Asociación de Amas de Casa Albariño e haberá tamén, como non, castañas asadas. Para rematar a xornada contarán coa actuación da Escola de Batucada, que porá unha mesa informativa para todos aqueles interesados en formar parte da mesma.

Se o tempo non o permite, cambiarase a ubicación da festa ao pavillón do Colexio de Magariños, dado que o Salón J. Peña estará co Mercadiño das Flores.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.