O Concello de Cambados e o campo de Golf de Meis dan continuidade á colaboración iniciada este ano coa organización da I Semana de Ouro do Albariño, que foi un éxito en canto a organización e participación.
Nesta ocasión ambas entidades organizan unha xornada chamada “GOLF FEMININO PLURAL”. Trátase dunha actividade gratuíta que se desenvolverá no campo de golf de Meis o vindeiro domingo 10 de decembro cun programa para 55 mulleres que participarán na mesma.
Con estas actividades o Concello de Cambados pretende aproveitar o gran recurso que é o campo de golf para beneficio da súa poboación e do turismo que acode á zona, baixo o lema “Cambados tamén ten campo de golf”
O programa da xornada, que se desenvolverá o domingo 10 de decembro, será o seguinte:
- 11:00 Saída do autobús dende o aparcamento da igrexa de Castrelo e a estación de autobuses de Cambados
- 11:15 Almorzo e mesa redonda sobre “o golf como xestor de emocións”
- 11:45 Bautizo de golf na cancha de prácticas
- 12:15 Concurso de pateo en putting Green
- 12:45 Despedida e reparto de información
- 13:00 Saída en autobús de regreso a Cambados
A xornada está aberta a todas as asociación de mulleres e mulleres en xeral que queiran participar, as cales se deberán inscribir no Concello de Cambados. Participan na xornada a asociación de mulleres rurais de Castrelo “as Saíñas” e a asociación “ESMAR”