O CONCELLO DE CAMBADOS DA OS PARABÉNS A ALBERTO FUENTES LOSADA

O CONCELLO DE CAMBADOS DA OS PARABÉNS A ALBERTO FUENTES LOSADA

O Concello de Cambados quere felicitar ao que foi o seu Secretario hai escasamente un ano, Alberto Fuentes Losada, despois de ser nomeado como  novo Secretario Xeral da Consellería de Sanidade.

Alberto Fuentes entrou como  Secretario no Concello de Cambados durante o mandato de Luís Aragunde e hai escasamente un ano, abandonou dito posto para pasar a desempeñar o cargo de Xefe Territorial de Medio Ambiente na Delegación de Pontevedra. En apenas un ano no citado cargo, pasa agora a desempeñar funcións, na Consellería de Sanidade, de gran importancia no actual goberno galego; razón pola que desde o goberno municipal de Cambados se quere parabenizar a Alberto Fuentes pola súa brillante carreira.