O CONCELLO DE CAMBADOS COLABORA COA CAMPAÑA SOLIDARIA “SÚMATE. DOA SANGUE”

O CONCELLO DE CAMBADOS COLABORA COA CAMPAÑA SOLIDARIA “SÚMATE. DOA SANGUE”

O Concello de Cambados e o Centro de transfusión de Galicia impulsan a participación dos veciños e veciñas nas campañas de doazón de sangue para garantir o labor dos hospitais galegos, que precisan 10.000 doazóns de sangue cada mes.

As épocas do ano de maior dificultade para a doazón de sangue coinciden co verán. Os enfermos ingresados nos hospitais galegos seguen a precisar a solidariedade da cidadanía, e por iso, o Concello distribuirá material informativo para tratar de incrementar a participación.

As persoas maiores de 18 anos que desexen participar poden acudir a:

CAMBADOS
Unidade móbil xunto ao Centro de Saúde
Venres, 22 de xullo. De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas.
Sábado, 23 de xullo. De 10:00 a 15:00 horas.

A Organización Mundial da Saúde recomenda acadar de 40 a 60 doazóns de sangue por cada 1.000 habitantes para cubrir todas as necesidades dos hospitais. O obxectivo é manter a participación de 76 doazóns por cada 1.000 habitantes que acadou o Concello de Cambados en 2015 e poder axudar a moitos enfermos que precisan da nosa solidariedade.

Queremos facer un agradecemento especial a todas as persoas que doan sangue. Cambados conta con 2.069 doadorescensados que realizaron 15.743 doazóns de sangue dende a primeira visita da unidade móbil do CTG en abril de 1995. Grazas a este xesto solidario, cada día os hospitais atenden unha media de 2.700 urxencias, realizan máis de 500 intervencións cirúrxicas e levan a cabo 3 transplantes de órganos e tecidos.

Neste verán, moitas persoas dependen da solidariedade dos veciños e veciñas de Cambados para recuperar a saúde ou salvar a vida. Súmate, doa sangue.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.