O CONCELLO DE CAMBADOS BONIFICA COMPLETAMENTE O IMPOSTO DE TERRAZAS E REDUCE AO MÍNIMO LEGAL O DE LIXO ÁS EMPRESAS

O CONCELLO DE CAMBADOS BONIFICA COMPLETAMENTE O IMPOSTO DE TERRAZAS E REDUCE AO MÍNIMO LEGAL O DE LIXO ÁS EMPRESAS

O Concello de Cambados segue traballando para axudar ao comercio local a reactivar a súa economía e, adiantándose a reapertura das súas portas en vindeiros días, os concelleiros Xurxo Charlín, Fernando Patricio e Samuel Lago volvéronse a reunir telemáticamente cos representantes de Zona Centro, Juan Rey e Javier Paz para informarlles das medidas xa tomadas polo Concello de Cambados

En canto as medidas económicas, o concelleiro de Economía e Facenda, Xurxo Charlín, deu conta das bonificacións fiscais que o concello ven de consensuar coa ORAL. Inicialmente o concello bonificara completamente o imposto de terrazas dos locais de hostalería dende que se procedeu o seu peche e ata que poidan volver a abrir de xeito normal unha vez finalice o estado de alarma. En canto o imposto do lixo, só se cobrara o mínimo esixible por lei por ter o local pechado, que ascende a 29 euros o trimestre, en lugar dos 150 euros trimestrais que se lle cobra ós comercios ou dos 200 euros que se lle cobra os bares e cafetarías de menor tamaño.

Esta medida afectara tanto aos negocios que tiveron que pechar por lei coma os que solicitaron o cese por facturación con independencia da actividade económica que veñan desenvolvendo. O Concello de Cambados esta a estudiar a posibilidade legal de non cobrar nada por este imposto pero, unha vez consultado coa ORAL, esta e a medida máis favorable que se puido tomar actuando conforme a lei, quedando pendente das negociacións que esta tendo a FEMP para modificar o tributo a nivel estatal e poder aplicar unha exención total na taxa do lixo mentres dure o estado de alarma.

Para facer un comercio máis seguro tanto aos propietarios coma aos seus clientes de forma sanitaria e hixiénica, o concello de Cambados adquiriu 200 litros de xel hidroalcohólico e 6.000 mascarillas desechables para entregar a tódolos comercios locais, e que van ser distribuidos por Zona Centro a todo o Comercio Local, con independencia de que formen parte da asociación ou non.

Aumento da superficie das terrazas e información na prevención

No tócante as terrazas dos locais de hostalaría, dende o Concello de Cambados vaise estudiar un a un cada establecemento, para valorar a posibilidade individualmente de permitirlle ampliar a zona de ocupación da terraza mantendo o mesmo numero de mesas, e desta maneira aumentar as garantías sanitarias, sempre e cando manteñan os porcentaxes de ocupación das mesmas que establece o goberno do estado.

Ademais o Concello e Zona Centro realizarán unha campaña publicitaria na que reúna tódalas medidas a aplicar (distanciamento, hixiene, etc.) na próxima apertura dos locais comerciais e que vai ser repartida polos comercios xunto coas medidas de protección e prevención que se lles facilitara aos comerciantes. Dende o Concello e Zona Centro non recomendan aos donos dos negocios que incorran en ningún gasto para as medidas de prevención ata que dende o estado as dite de forma clara e concisa.

Con estas reunións, o Concello de Cambados e Zona Centro quere impulsar o comercio local e animar a veciñanza a mercar nun comercio máis seguro que as grandes areas comerciais nas que se producen aglomeracións de xente nas que a propagación do virus e máis sinxela.