O CONCELLO DE CAMBADOS ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN DA GARDERIA

O Concello de Cambados abrira o período de inscrición da Garderia Infantil Municipal de Cambados a partir do luns 1 de xuño e ata o 15 de xuño.  

A presentación das solicitudes realizarase preferentemente por Internet a través da sede electrónica do Concello de Cambados, mediante o modelo de instancia xeral e achegando o formulario de inscrición que se pode descargar dende a paxina web do Concello. Estes formularios tamén poderanse recoller na oficina do Rexistro do Concello de Cambados.

O Concello busca diminuír a inquedanza das familias sobre o vindeiro curso na escola infantil, que abrangue nenos de 0 a 3 anos, á espera de que, tanto o Goberno central coma a Xunta de Galiza,  fixen uns criterios claros sobre os prazos e condicións para a reapertura destes centros.

Adxuntos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.