O CONCELLEIRO DE CULTURA E O DIRECTOR DO CONSERVATORIO E DA ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAIS DE CAMBADOS REÚNENSE PARA PREPARAR O NOVO CURSO E POÑER EN FUNCIONAMENTO O PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID-19

O CONCELLEIRO DE CULTURA E O DIRECTOR DO CONSERVATORIO E DA ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAIS DE CAMBADOS REÚNENSE PARA PREPARAR O NOVO CURSO E POÑER EN FUNCIONAMENTO O PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID-19

As clases comezarán o 21 de setembro

Este venres reuníronse no Concello de Cambados o concelleiro de Cultura, Tino Cordal, e o director do Conservatorio e da Escola de Música Municipais, Daniel Figueira, para preparar o inicio do curso 2020-2021 e poñer en funcionamento o protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19.

As circunstancias actuais obrigan a preparar con detalle o curso escolar, tamén no caso dos conservatorios e escolas de música municipais. E, ao igual que sucede cos colexios e institutos, faise necesario implementar os protocolos esixidos pola Xunta de Galicia.

O Auditorio da Xuventude de Cambados é o espazo no que se desenvolven as actividades académicas do Conservatorio e da Escola de Música Municipais. Un total de dezasete profesores imparten docencia nesas instalacións para máis de 180 alumnas e alumnos.

As clases instrumentais terán unha ratio de un/un, é dicir, un profesor para un/unha alumno/a; e, as clases colectivas non superarán os catorce alumnos por aula, mantendo as distancias de seguridade entre o alumnado e tamén entre o profesorado. 

Ademais, tanto o alumnado como o profesorado levarán sempre máscara e estarán obrigados a controlar a temperatura corporal diariamente. Tamén desinfectarán continuamente as mans; o calzado será desinfectado na entrada do Auditorio.

Crearase un equipo COVID encabezado polo director e realizarase limpeza continua nas instalacións durante toda a xornada lectiva.

As presentacións do curso e o acto de acollida realizaranse os días 16 e 17 de setembro. Se ben, o vindeiro martes 1terán lugar as probas de acceso e os exames da convocatoria extraordinaria de setembro, cun protocolo específico para ese día.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.