O alumnado do obradoiro de emprego “Cambados Emprendedor” participou este luns 15 de marzo na campaña 1 m2 polos ríos do Proxecto Libera promovido pola ONG SEO Birdlife
Máis de 8 millóns de toneladas de plástico chega ao océano cada ano. O plástico implica a norte de aves e peixes por inxesta ou porque quedan enredados. O plástico entra nas cadeas tróficas e afecta a saúde de todos os grupos, incluído o ser humano… cantos e cantos datos sobre a importancia de reducir o consumo de plástico!
Por todas elas é que nace esta campaña que aglutina a acción conxunta en máis de 4.300 ríos de toda España e un dos puntos de actuación está a ser a ribeira do río Umia onde o alumnado do obradoiro de emprego está a traballar na recollida e caracterización do lixo recollido.
Ademais da retirada de lixo stop basuraleza ten tamén o obxectivo de xerar coñecemento a través da ciencia cidadá, así é que todo o reconto dos residuos enviarase ao proxecto IBAS desenvolvido polo CSIC que estuda o impacto da basuraleza.
Así que hoxe traballamos para reducir a basuraleza e colaboramos para seguir liberar de lixo o noso entorno!.