O “ALBARIÑO NO CAMIÑO” REGRESA A CAMBADOS CON CATAS, CONCERTOS E ACTIVIDADES NO PARQUE TORRADO

O “ALBARIÑO NO CAMIÑO” REGRESA A CAMBADOS CON CATAS, CONCERTOS E ACTIVIDADES NO PARQUE TORRADO

O parque Torrado será este ano o epicentro da segunda edición de “Albariño no Camiño”, unha iniciativa que regresa ao Concello de Cambados da man do Xacobeo e coa colaboración do Consello Regulador da D.O Rías Baixas

Desenvolverase do 1 ao 3 de xullo cun amplo programa de actividades de balde e a participación de dez adegas.

Haberá catas, concertos -todos ás 21 horas e todos de balde- obradoiros, andainas teatralizadas polas integrantes de “Teatro no Garaxe”, exposicións e coloquios.

No apartado musical, volverá a actuar na vila a banda Inmaculate Fools nun cartel eminentemente galego: Magín Blanco e a Banda das Apertas, Señora DJ, Terbutalina, Caamaño e Ameixeiras, Ortiga, Faia, Antía Muíño, Isi Vaamonde e Sheila Patricia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.