NOVO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO DE CAMBADOS E A ASOCIACIÓN BATA

NOVO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO DE CAMBADOS E A ASOCIACIÓN BATA

A partires deste martes 1 de marzo, 3 persoas con autismo ou discapacidade psíquica pertencentes á asociación BATA (Baión Asociación Tratamento Autismo) incorporaranse nun plan de integración sociolaboral, grazas ao acordo de colaboración asinado entre o Concello e esta asociación.

A labor destes 3 traballadores, veciños da nosa vila, desenvolverase ao longo dos vindeiros 10 meses e consistirá na realización de tarefas de mellora, mantemento e limpeza dos entornos do Monte da Pastora e do Muíño da Seca, coa tutela dun preparador laboral.

O Concello de Cambados aporta 6000 euros a esta iniciativa coa que se pretende seguir avanzando na integración social e laboral destas persoas con grandes necesidades de apoio.

Actualmente, BATA mantén convenios coma este na comarca, en concellos como Vilagarcía e Cambados, e atópase negociando a renovación de convenios similares con Ribadumia, O Grove e Valga.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.