DÍA DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO

Para conmemorar o día 2 de abril, día da concienciación do autismo, convidámosvos a poñer globos azuis nas portas, ventanas ou balcóns das vosas casas, colexios, negocios ou lugares de traballo. Con isto dirédeslle a todo o mundo que apreciadesás persoas con autismo e que apoiades a súa inclusión na sociedade.

AXUDA AOS REFUXIADOS SIRIOS

O Concello de Cambados, en colaboración coa Asociación de Apoio ao Pobo Sirio, instalarán a partir de mañá mércores na casa mariñeira de San Tomé un punto de recollida de materiais para axudar aos refuxiados sirios. Precísanse voluntarios para axudar na recollida. Máis información no teléfono 659 645 064

CONVOCATORIA DO PLENO ORDINARIO DE MARZO

O xoves 31 de marzo, ás 21:00 horas celebrarase no salón de plenos da casa consistorial a sesión ordinaria do Pleno da Corporación Municipal coa seguinte   ORDE DO DÍA: 1. Aprobación da acta da sesión ordinaria celebrada o 25 de febreiro de 2016. 2. Aprobación inicial, se procede, do regulamento de participación cidadá do […]

A DEPUTACIÓN ESTUDARÁ AS MELLORAS NA PISCINA MUNICIPAL

A Deputación de Pontevedra vai estudar as necesidades de climatización e mellora da cuberta da piscina municipal de Cambados, tras o encontro que mantiveron hoxe o deputado provincial de Cooperación, David Regades, a alcaldesa, Fátima Abal, e o tenente de alcalde, Víctor Caamaño. Ambos os responsables municipais formuláronlle ao deputado provincial a necesidade de mellorar […]