CONCURSO DO CARTEL PARA A LXIV FESTA DO ALBARIÑO DE CAMBADOS

A Concellería de Cultura do Concello de Cambados presenta o Concurso do Cartel para a LXIV Festa do Albariño, declarada de Interese Turístico Nacional, que se rexerá polas seguintes bases: 1ª. Participación: Poderá formar parte deste concurso calquera persoa física, sen máis limitacións que as impostas pola legalidade vixente. 2ª. Carteis: Os orixinais deberán ser […]

CONVOCATORIA DO PLENO DA CORPORACIÓN

O xoves 28 de abril, ás 21:00 horas celebrarase no salón de plenos da casa consistorial a sesión ordinaria do Pleno da Corporación Municipal coa seguinte ORDE DO DÍA: Lembramos que a sesión plenaria será emitida en directo a través da nosa canle en youtube, con enlace nesta mesma páxina web. Descargar: ORDE DO DIA […]

ACTIVIDADES PARA ESTE DOMINGO

O domingo 24, celébranse en Cambados as seguintes actividades: – XXVII maratón popular de Oubiña (memorial Manuel Mariño): a partires das 11:30, organizado pola asociación de vecinos de Oubiña. A inscrición poderá realizarse a través do correo as.oubinha@gmail.com ou, dende una hora antes do comezo da carreira, no centro cultural Manuel Mariño Castro de Oubiña. – Andaina […]

CAMPAÑA VACACIÓNS EN PAZ

Vacacións en paz é un programa de acollida de nenos e nenas procedentes dos campamentos de refuxiados saharauis por familias solidarias galegas. En Galicia, a petición expresa das autoridades do goberno da República Árabe Saharaui Democrática, este programa lévase a cabo pola ONG “Solidariedade Galega co Pobo Saharaui” (SOGAPS) Galicia ven participando nesta iniciativa solidaria […]

PARTICIPA NO PROGRAMA DEPO RÚARTE!

A Deputación de Pontevedra pon en marcha o programa Depo RúARTE, destinado á participación xuvenil en diversas actividades que serán organizadas polos concellos. De cara a fomentar a participación dos e das xóvenes neste proxecto, ponse en marcha un formulario no seguinte enlace: http://www.depo.es/depo-ruarte/participa no cal as persoas interesadas poden marcar as actividades que máis lles interesen […]

PERFORMANCE INTERACTIVA DE XURXO SOUTO SOBRE O LIBRO “CONTOS DO MAR DE IRLANDA”

Un día Xurxo Souto sentiu unha terrible falta de ignorancia. A pesar de vivir nunha cidade-barco, A Coruña, nunca ninguén lle tiña falado do mar. Decidiu facer algo elemental: preguntar; e axiña apareceu o océano por todos os curruchos. Un universo –sustento económico da nosa realidade- absolutamente descoñecido para o terrícola. Desta descuberta xurdiu un libro, “Contos do Mar […]