Bioloxía, Mediciña e Patrimonio integran o programa formativo de Camiños de Coñecemento e Experiencia en Cambados

As Plantas Medicinais, os Insectos e a Carta Xeográfica de Galicia de Domingo Fontán protagonistas do Ciclo da Universidade de Santiago en Cambados Unha nova edición do programa de democratización do coñecemento da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Camiños de Coñecemento e Experiencia chega á Cambados a comezo do vindeiro mes de maio. O […]

SANTIAGO FERRAGUD PRESENTA EN CAMBADOS TODO CHEGA DESDE O MAR 

O escritor vigués Santiago Ferragud presentará en Cambados a súa nova obra Todo chega desde o mar. A cita é o xoves 23 de marzo ás 20 horas na Casa da Calzada (ExpoSalnés). O libro conta os feitos históricos que deron forma á cidade de Vigo, con especial atención aos sucesos do ano 1.972, pero tamén ás vivencias dos pais […]

MATRIA NO AUDITORIO DE CAMBADOS O SÁBADO 25 DE MARZO 

O director da película Matria, Álvaro Gago e parte do seu equipo, estará presente na proxección do filme no Auditorio da Xuventude de Cambados o sábado 25 de marzo, ás 19:30 horas. Así o comunicou esta mañá o concelleiro de Cultura, Tino Cordal. O público poderá adquirir as entradas unha hora antes do inicio da proxección, ás 18.30, […]

A exposición “El mundo del sello” chega a Cambados

A mostra poderá ser visitada polas familias na sala B do Pazo Torrado dende o 22 ata o 26 de marzo A sala B do Pazo torrado acolle ata o 26 de marzo a exposición itinerante “El mundo del sello”, organizada pola Federación Española de Sociedades Filatélicas e promovida polo Grupo Filatélico e de Coleccionismo […]

O PATRIMONIO DE CAMBADOS COMO RECURSO DIDÁCTICO

O Patrimonio Histórico e Cultural de Cambados vai ser o protagonista do curso de formación para mestres co obxectivo de desenvolver competencias profesionais cara a seleccionar, utilizar e elaborar actividades didácticas empregando os recursos ofertados polas instancias culturais locais.   Neste curso búscase coñecer diferentes propostas metodolóxicas en relación co aproveitamento didáctico das visitas e […]

CAMBADOS HOMENAXEA A SEUS DEPORTISTAS E CLUBES NA TERCEIRA GALA DO DEPORTE

O Concello de Cambados recupera a Gala do Deporte que se celebrará este sábado 18 de marzo no Auditorio da Xuventude a partir das 20.00 horas. Nesta terceira edición, con entrada de balde ata completar aforo, recoñecerase o traballo de máis de 40 deportistas e clubes do municipio, distribuidos en 14 categorías e seleccionados polo […]

O Foodtruck Da Campaña “Galicia Sabe AMar” Chega a Cambados

A iniciativa, impulsada pola Consellería do Mar, permitirá que a veciñanza aresá deguste gratuitamente produtos galegos do mar xusto diante da casa consistorial ao longo do mércores, 8 de marzo, e do xoves 9 de marzo de 12:00 a 15:00 e de 16:30 a 19:30 horas. O concelleiro de Comercio, Fernando Patricio, informou esta mañá […]

BONOS DO DÍA DO PAI 2023

O Concello de Cambados e Cambados Zona Centro poñen marcha unha campaña denomidada Bonos Día do Pai 2023 que se vai a rexer polas seguintes bases. Os BONOS DO DÍA DO PAI 2023 intégranse no proxecto de dinamización  do tecido social e económico do Concello de Cambados, e co obxecto de reactivar os sectores comercial e hostaleiro, […]

CAMBADOS AGASALLA CON LIBROS E ROSAS PARA CELEBRAR O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O Concello vai repartir biografías de Rosalía de Castro nos colexios cambadeses e 20 libros e 20 rosas a cada unha das librarías cambadesas, que se entregarán de balde ás primeiras 20 persoas que merquen un libro en galego nalgún deses establecementos O Concello de Cambados únese un ano máis á celebración do Día de […]

CAMBADOS VOLVE NAMORAR

O Concello de Cambados, xunto coa asociación de comerciantes Cambados Zona Centro presentou hoxe unha nova edición da campaña “Cambados Namora” coa que pretende dinamizar o consumo no comercio local de cara á celebración do Día dos Namorados 2023. Como en anteriores edicións, a campaña incentivará o paseo polas rúas do municipio, instalando zonas photocall coas palabras “Cambados”, “Bicos”, “Amor” e “Love”, […]