O CONCELLO DE CAMBADOS APROBA AS BASES DA “CONVOCATORIA PÚBLICA DE SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS A ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO PARA O ANO 2015” POR UN IMPORTE TOTAL DE 126 000 €

Estas bases teñen por obxecto establecer os criterios e o procedemento para conceder estas subvencións municipais, de acordo cos principios de publicidade, libre concorrencia e igualdade para a realización de actividades que complementen ou suplan ás atribuídas á competencia municipal, ou que, en xeral contribúan ao fomento dos intereses xerais ou sectoriais dos veciños do […]

O CONCELLO DE CAMBADOS RECIBE ÁS FAMILIAS AFECTADAS POLO COPAGO QUE A XUNTA DE GALICIA QUERE IMPOÑER AOS USUARIOS DO CENTRO OCUPACIONAL DE O SAIAR

A Alcaldesa, Fátima Abal, e o Concelleiro de Servizos Sociais, Tino Cordal, recibiron na mañá deste venres 14 de agosto na Casa do Concello ás familias cambadesas afectadas polo copago que a Xunta de Galicia quere impoñer aos usuarios do Centro Ocupacional de O Saiar. Onte xa visitaran o Concello de Cambados representantes da ANPA […]

CINE NA RUA

Hoxe na praza de Alfredo Brañas: Cine na rúa, coa proxección do filme “A Esmorga” de Ignacio Vilar (Baseado na novela de Eduardo Blanco Amor) A partires da 22:00 horas. A esmorga é un filme galego dirixido por Ignacio Vilar, adaptación da obra homónima de Eduardo Blanco Amor. Está protagonizada por Miguel de Lira que interpreta a Cibrán, Karra Elejalde como Bocas, e Antonio Durán “Morris” como Milhomes. A […]

CONDOLENCIAS POLO FALECEMENTO DE LUIS REI

A Corporación do Concello de Cambados quere facerlles chegar a familiares e amigos, as máis sinceiras condolencias polo sentido falecemento de Don Luís Rei, Técnico de Cultura deste concello; persoa entrañable e cunha grande e brillante traxectoria profesional durante os anos que desenvolveu o seu traballo no noso concello. Hoxe ás 12:30 horas, gardouse un […]

BASES REGULADORAS DA CONCESIÓN DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2015/2016

INFORMACIÓN E SOLICITUDE NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE CAMBADOS A Xunta de Goberno Local, en sesión do 20.07.2015, acordou aprobar as Bases reguladoras para a concesión de axudas municipais para a adquisición de libros de texto e material escolar para alumnos de centros docentes públicos de educación primaria e secundaria do Concello de Cambados, para o […]

OFERTA DE EMPREGO PUBLICO

Precisanse docentes para un curso de “Operacións básicas de restaurante e bar” Previsto polo  Concello  de Cambados dentro das  acións formativas dirixidas prioritariamente a persoas  desempregadas (AFD)   e  que vai ter lugar no Centro sociocultural “La Merced”. Este curso  ten  unha  duración de 318 horas ; vai  comezar o 24 de agosto e rematará  no […]

OFERTA DE EMPREGO NO POLÍGONO DO SALNÉS

A empresa Disalsa, adicada ao sector da alimentación, abrirá o vindeiro mes de outubro unhas novas instalacións no polígono industrial do Salnés. Trátase dunha sala de despece de polos, para a cal abre unha convocatoria para cubrir 22 novos postos de traballo. Os interesados e interesadas poden entregar o seu currículum na oficina de orientación […]

INAUGURACIÓN DA FEIRA ECOLOGICAL

O paseo da Calzada acolle estes días a terceira edición da feira Ecological, unha mostra de produtos ecolóxicos e de artesanía que dende hoxe ata o domingo 9 convirten a Cambados no punto de encontro dun sector en auxe, coa presenza de máis de 50 empresas do sector. Esta mañá celebrouse o acto de inauguración, a […]

MILLA URBANA E CICLISMO EN CAMBADOS

O Concello de Cambados informa que o vindeiro venres, día 7 de agosto, a partir das sete da tarde no Paseo marítimo de Cambados, disputarase a XXI MILLA E DOBLE MILLA URBANA DO ALBARIÑO. A proba contará con varias carreiras por idades coas súas respectivas distancias: os nenos de 10 a 13 anos correrán 800m, […]