Adxuntos

O CONTIARIO DE PABLÍSIMO VISITA AS PARROQUIAS CAMBADESAS NO MES DAS BIBLIOTECAS

O pasado venres o Contiario de Pablísimo iniciaba a súa visita  na ALM de Oubiña, para celebrar que Outubro é o Mes das Bibliotecas. Nenos e pais puideron gozar dunha ristra de contos do máis diverso… e divertido! Seguíronlle Vilariño e Corvillón, onde case 50 persoas gozaron de divertidas historias. Deixámosvos nos seguintes enlaces algunhas […]

DESFILE DE MODA “CAMBADOS ZONA CENTRO”

O Salón José Peña acolle o vindeiro domingo 18, ás 18:00 horas, o defile de moda organizado pola asociación de comerciantes Cambados Zona Centro. A entrada será libre ata completar o aforo, e mostraránse as últimas novidades en moda infantil, moda home e muller, moda xuvenil, moda naútica, calzados, complementos e perruquería. Estes son os […]

OS SERVIZOS TURÍSTICOS DO CONCELLO DE CAMBADOS DAN A COÑECER O BALANCE DE TURISTAS E VISITANTES QUE DURANTE OS MESES DE XULLO E AGOSTO DO 2015 VISITARON A NOSA VILA, SENDO UN TOTAL DE 23.928 PERSOAS.

A afluencia de turistas durante este verán 2015 no que respecta á nosa vila, foi moi positiva, si ben para os Servizos Turísticos do Concello de Cambados non é posible contabilizalos na súa totalidade e de xeito rigoroso, polo que só quedan rexistrados aqueles turistas e excursionistas que se achegan ás nosas dependencias. Esta cifra […]

BASES DAS BOLSAS DE CONTRATACIÓN DE MESTRES COMPOSTEIROS

A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra aprobou a convocatoria de 10 bolsas de prácticas laborais para mestres composteiros. Dita convocatoria rexerase segundo as bases que se poden consultar no documento adxunto. O formulario de inscripción estará dispoñible a partir de mañá no seguinte enlace: http://www.depo.es/plan-compost-revitaliza/bolsas-para-mestres-composteiros Descargar: Bases bolsas de mestres composteiros BOP.pdf […]

ESCOLA DEPORTIVA MUNICIPAL DE PATINAXE

A Concellería de Deportes do Ilmo. Concello de Cambados informa que a partir do vindeiro xoves 15 de outubre abrirase o prazo de inscripción para a Escola Deportiva Municipal de Patinaxe. Tódolos nenos e nenas, entre 6 e 14 anos, que estén interesados deberán apuntarse na oficina municipal do Dinamizador Deportivo, sita na rúa Ourense, […]

EXAMES PARA ÁRBITROS DE FUTBOL

O próximo luns día 12, en Cambados terán lugar os exames para árbitros para 1ª, 2ª e 3ª categoría Autonómica Galega da provincia de Pontevedra. Desde as 9 da mañá, nas instalacións deportivas do Pombal farase a entrega de dorsais para comezar as probas físicas unha hora despois. Os exames teóricos, sobre as regras do […]