NOVA CONVOCATORIA DO PLAN DE EMPREGO DA DEPUTACIÓN

O Concello de Cambados realiza, a través do Plan de Emprego da Deputación de Pontevedra, unha nova convocatoria de emprego público. O sondeo para seleccionar aspirantes a ditos postos será realizado pola Oficina do Servizo Público de Emprego Estatal (rúa Fonte de Fefiñáns, 4), e a selección definitiva será realizada polos técnicos do Concello, dando preferencia por esta orde aos seguintes criterios:

a) ás vítimas de violencia de xénero

b) aos candidatos/as maiores de 45 anos

c) aos candidatos/as que formen unha familia monoparental con fillos/as ao seu cargo

d) aos candidatos/as con niveis de renda máis baixa

e) aos candidatos/as con cargas familiares

 

Os postos de traballo ofertados nesta convocatoria son os seguintes:

Número de prazas: 2

Posto de traballo: Peón de limpeza

Descrición da ocupación: Limpeza viaria, plan de conservación viaria da Deputación de Pontevedra

Data prevista de incorporación: 15/5/2016

Tipo de contrato: Temporal de 180 días de duración. Xornada parcial, 35 horas semanais

 

Número de prazas: 1

Posto de traballo: Condutor de maquinaria de limpeza

Descrición da ocupación: Condutor de maquinaria barredora, con posibilidade de limpeza viaria

Data prevista de incorporación: 15/5/2016

Tipo de contrato: Temporal de 180 días de duración. Xornada parcial, 35 horas semanais

 

Número de prazas: 1

Posto de traballo: Ferrallista

Descrición da ocupación: Tarefas propias do posto e tarefas de mantemento

Data prevista de incorporación: 15/5/2016

Tipo de contrato: Temporal de 180 días de duración. Xornada parcial, 35 horas semanais

 

Número de prazas: 1

Posto de traballo: Pintor

Descrición da ocupación: Tarefas propias do posto e tarefas de mantemento

Data prevista de incorporación: 15/5/2016

Tipo de contrato: Temporal de 180 días de duración. Xornada parcial, 35 horas semanais

 

Número de prazas: 1

Posto de traballo: Laceiro

Descrición da ocupación: Plan de conservación da Deputación de Pontevedra

Data prevista de incorporación: 15/5/2016

Tipo de contrato: Temporal de 180 días de duración. Xornada parcial, 35 horas semanais

 

Número de prazas: 1

Posto de traballo: Técnico de mantemento industrial

Descrición da ocupación: Plan de conservación e mantemento da Deputación de Pontevedra

Requisitos: Ciclo medio FP de electromecánica

Data prevista de incorporación: 15/5/2016

Tipo de contrato: Temporal de 180 días de duración. Xornada parcial, 35 horas semanais