O Concello de Cambados realiza, a través do Plan de Emprego da Deputación de Pontevedra, unha nova convocatoria de emprego público. O sóndeo para seleccionar aspirantes a ditos postos será realizado pola Oficina do Servizo Público de Emprego Estatal (Rúa Fonte de Fefiñáns, 4), e a selección definitiva será realizada polos técnicos do Concello, ao tratarse dunha ampliación do persoal contratado polo Plan Concellos 2017, neste proceso de contratación vaise manter as mesmas bases aprobadas na Xunta de Goberno Local do pasado 1 de marzo de 2017, dando preferencia por esta orde aos seguintes criterios:
a) ás vítimas de violencia de xénero
b) aos candidatos/as maiores de 45 anos
c) aos candidatos/as que formen unha familia monoparental con fillos/as ao seu cargo
d) aos candidatos/as con niveis de renda máis baixa
e) aos candidatos/as con cargas familiares
Os postos de traballo ofertados nesta convocatoria son os seguintes:
Número de prazas: 2
Posto de traballo: Persoal de Limpeza ou Limpadores en Xeral
Descrición da ocupación: Conserxe – Limpador de instalación municipais.
Código da ocupación: 92101050
Data prevista de incorporación: 01/09/2017
Tipo de contrato: Temporal con remate o 31/12/2017. Xornada parcial, 25 horas semanais
Número de prazas: 2
Posto de traballo: Albaneis
Descrición da ocupación: Operario Mantemento Albanel
Código da ocupación: 71211015
Data prevista de incorporación: 01/09/2017
Tipo de contrato: Temporal con remate o 31/12/2017. Xornada parcial, 25 horas semanais
Número de prazas: 2
Posto de traballo: Peóns de Obras públicas en xeral
Descrición da ocupación: Operario de Limpeza – Desbrozador
Código da ocupación: 96011029
Data prevista de incorporación: 01/09/2017
Tipo de contrato: Temporal con remate o 31/12/2017. Xornada parcial, 25 horas semanais
Número de prazas: 1
Posto de traballo: Peóns de Obras públicas en xeral
Descrición da ocupación: Operario de Limpeza – Desbrozador
Código da ocupación: 96011029
Data prevista de incorporación: 01/10/2017
Tipo de contrato: Temporal con remate o 31/12/2017. Xornada parcial, 25 horas semanas
Número de prazas: 1
Posto de traballo: Traballadores Sociais (Asistenta Social)
Descrición da ocupación: Traballadora Social
Código da ocupación: 28241065
Data prevista de incorporación: 01/09/2017
Tipo de contrato: Temporal con remate o 31/12/2017. Xornada parcial, 25 horas semanais
Descargar: BASES CONTRATACIÓN MODIFICACIÓN PLAN DEPUTACIÓN 2017.pdf