NOVA APERTURA DA PRAZA DE ABASTOS OS VENRES POLA TARDE EN HORARIO DE 17 A 22 H.

NOVA APERTURA DA PRAZA DE ABASTOS OS VENRES POLA TARDE EN HORARIO DE 17 A 22 H.

O goberno local de Cambados e a Asociación de Praceiras consensuaron a apertura da Praza de Abastos os venres pola tarde en horario de 17 a 22 horas. O obxetivo de esta iniciativa é incentivar as vendas dos productos frescos da ria e, ó tempo, dinamizar o comercio local.

Dentro desta medida, tamén se van a organizar semanas de promoción dos productos do mar de tempada que se venden na praza cambadesa. Serán xornadas que se desenvolverán a partir do próximo inverno.

A nova actividade do mercado cambadés foi explicada hoxe nunha rolda de prensa na que compareceron os concelleiros Victor Caamaño e Xurxo Charlín, acompañados pola presidenta da Asociación de Praceiras, Pilar Mouta, e polo presidente de Cambados Zona Centro, Juan Rey.

Ademáis, para continuar mellorando os servicios da Praza e do mercado, o Concello quere realizar unha modificación da ordenanza municipal e actualizala ás necesidades que tanto vendedores como clientes reclaman, segundo avanzaba na rolda de prensa o concelleiro, Xurxo Charlín.

En todo caso, despóis do verán comezarán as obras de reforma da Praza de Abastos, o que contribuirá moi favorablemente a mellorar a imaxe da Praza, que nestes momentos é deficiente, tal e como aseguraba a presidenta do colectivo dos praceiros. Neste sentido, Pilar Mouta, anima ás súas compañeiras do sector do peixe a mellorar a imaxe dos postos, con maior limpeza e maior cuidado dos productos, para que se manteñan frescos durante a tarde.

Dende Cambados Zona Centro, o presidente dos comerciantes, Juan Rey, amosouse convencido de que se debe actualizar a ordenanza municipal relativa ó comercio e mercados, para que vaia acorde cos novos tempos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.