Nicky Jam actuará o Venres do Albariño en Cambados

Nicky Jam actuará o Venres do Albariño en Cambados

O Top Mundial NICKY JAM , será o Artista Internacional que ofrecerá un concerto exclusivo nas Festas do Albariño 2020.

O concerto terá lugar o venres 31 de Xullo na PRAZA FEFIÑANS cun aforo reducido. Só se poñerán á venda 5.000 entradas, as entradas poderanse adquirir o venres 6 de marzo desde as 10:00 hr en WWW.ATAQUILLA.COM

As primeiras 1.000 entradas sairán cun prezo reducido de 25€ gastos e as seguintes serán a 45€ gastos ata completar aforo. Desde o Concello, poñerán 400 entradas a prezo reducido de 15€ máis gastos de xestión para os censados en Cambados, que terán que acreditalo mediante o DNI ou volante de empadroamento. As entradas poderanse adquirir, cun máximo de dúas por persoa, o venres 6 de marzo a partires das 17:00 hr en EXPOSALNÉS – Cambados. Para poder acceder ao concerto os menores de 16 anos terán que ir acompañados do Pai, Nai ou titor legal, e aos comprendidos entre 16 e 18 anos terán que presentar na entrada do concerto una autorización dos titores que poderán descargar da web do Concello de Cambados.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.