NATURGY INFORMA DE CORTES DE SUBMINISTRO ELECTRICO EN FEFIÑANS

NATURGY INFORMA DE CORTES DE SUBMINISTRO ELECTRICO EN FEFIÑANS

A empresa Unión Fenosa (Grupo ufd Naturgy) enviou unha comunicación ao Concello, informando da necesidade de realizar traballos de mantemento e desenvolvemento na rede eléctrica, o que podería provocar cortes de enerxía o 6 de setembro de 2020, en Fefiñans.

Co fin de efectuar os traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica precisos para poder atender nas mellores condicións as necesidades de subministración do Polígono Industrial Sete Pías, a empresa Unión Fenosa (Grupo ufd Naturgy) ven de informar que o próximo día 6 de setembro de 2020, de 08:00 a 10:00 horas, vaise proceder a deixar fóra de servizo unha serie de instalacións, o cal pode provocar interrupcións na subministración de electricidade durante ese intervalo de tempo.

As instalacións eléctricas sometidas a descargo afectan ás seguintes rúas ou lugares: 

ADRO SAN BENITO, ALBERGUE, ALVARO CUNQUEIRO, AROUSA, AVENIDA DA CORUÑA, AVENIDA ROSALIA DE CASTRO, AVENIDA VARIANTE DE FEFIÑANS, AVENIDA DE VILAGARCIA, CALEXON ALBERGUE, CAMIÑO DO BOSQUE, CELSO EMILIO FERREIRO, ESPERANZA, FOMENTO, GRANXA DO CONDE, LEÑA, NOVEDADES, PRAZA ASOREY, PRAZA DE FEFIÑANS, PRAZA DA LEÑA, PRINCIPE, REAL, RIANXEIRA, SAN BENITO, SEVILLA, TERRA SANTA, VALLE INCLAN.

Tanto dende a empresa subministradora como dende o Concello de Cambados, rogamos desculpen as molestias e informáselle aos usuarios afectados que para calquera aclaración ao respecto poden poñerse en contacto coa empresa Unión Fenosa (Grupo ufd Naturgy) no telefono 900 333 999

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.