MOSTRA DE TEATRO ESCOLAR E INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN “SEGREDOS”, DE YOLANDA DORDA

MOSTRA DE TEATRO ESCOLAR E INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN “SEGREDOS”, DE YOLANDA DORDA

Este venres terá lugar no Auditorio Municipal unha mostra de teatro escolar, ás 18h, coa interpretación das seguintes obras:

-“A laranxa máis laranxa de todas as laranxas”, de Carlos Casares, interpretada polo  grupo de teatro do IES Salesianos de Castrelo

– “O peor inimigo”, adaptación dun conto de Jorge Bucay, a cargo do grupo de teatro do CEP Antonio Magariños

-“O coro das emocións”, canción interpretada polo alumnado de 4º de primaria do CEP Antonio Magariños

E ás 20h, no Pazo de Torrado inaugúrase a exposición “Segredos”, de Yolanda Dorda, que poderá ser visitada ata o 16 de xullo, de martes a domingo entre as 18 e as 21 horas