MODIFICACIÓN LISTA DEFINITIVA PROCESO SELECTIVO PARA A PROVISIÓN INTERINA DE PRAZAS DE TRABALLADOR/A SOCIAL

RESOLUCIÓN ALCALDÍA

 MODIFICACIÓN LISTA DEFINITIVA

Vista a Resolución de Alcaldía núm. 2019-0071 de data 21 de xaneiro de 2019, na que se aproba a lista definitiva de admitidos e excluídos da convocatoria en relación as probas de selección para a configuración dunha bolsa de emprego para a provisión interina de prazas de Traballador/a Social no Concello de Cambados.

Visto que na referida lista definitiva recóllense como excluidos os candidatos Graciela Rivas Nogueira e Alejandro Guerra Rivas pola causa 4, non aportar o Curriculum Vitae ou a Vida Laboral actualizada.

Visto que con data de 22 de xaneiro de 2019 entran no rexistro do Concello as remisións de documentación, ambas presentadas a través do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia con data de 18 de xaneiro de 2019,  para subsanar os erros que motivaban a exclusión dos candidatos Graciela Rivas Nogueira (con número de rexistro 2019-E-RC-426) e Alejandro Guerra Rivas (con número de rexistro 2019-E-RC-441), resultando as mesmas presentadas dentro do prazo de subsanación.

RESOLVO

PRIMEIRO. Estimar as alegacións presentadas por Graciela Rivas Nogueira e Alejandro Guerra Rivas en relación co expediente de selección de traballador/a social interino neste Municipio e en consecuencia, introducir no expediente as modificacións indicadas.

SEGUNDO. Incluir na lista definitiva de admitidos os candidatos Graciela Rivas Nogueira e Alejandro Guerra Rivas.

TERCEIRO. Publicar esta Resolución, aos efectos oportunos, na páxina Web do Concello de Cambados (www.cambados.es) e no Taboleiro de Anuncios.