MERCADO DOS OFICIOS

MERCADO DOS OFICIOS

Na próxima fin de semana, o sábado 15 e o domingo día 16, a Praza de Fefiñáns, será a sede da oferta cultural, artesana e dos oficios tradicionais cunha nova edición do Mercado dos Oficios.

Seguindo o exitoso modelo iniciado o ano pasado o evento organízase en dúas partes, na Praza instalaranse os postos de artesanía, oficios e creación contemporánea, mentres que na alameda de Fefiñáns desenvolveranse as actividades culturais complementarias, mención especial aos creadores e profesionais que farán traballos ao vivo durante os dous días do Mercado, onde poderán verse cesteiros, oleiros, anticuarios e coleccionistas, encadernadores, deseñadores, xoieiros e outros profesionais nun evento que reúne arredor de trinta emprendedores de iniciativas variadas, reunidas baixo o criterio de achegar os labores de creación de artes populares ao gran público.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.