Mercado das Flores, no Salón de Peña, do Mércores 30 de outubro ó Venres 1 de Novembro

mercado-flores-cambados

As instalacións do Salón de Exposicións José Peña de Cambados volverán acoller unha nova edición do Mercado Tradicional das Flores para a celebración de Defuntos, que celebrará este ano 2019 a súa quinta edición. O mercado estará aberto entre o mércores día 30 de outubro e o venres día 1 de novembro. O horario será continuado de 8 horas a 22 horas o mércores e o xoves, e de 8 horas a 14 horas o venres.

Nesta quinta edición, manterase o número de postos de venda de flores, 24 en total, entre os que haberá profesionais de toda a comarca, veciños e veciñas de Cambados que plantan a súa propia flor, seis postos de venda habituais de flores do mercado, e unha florería de Cambados.

O prazo para presentar as solicitudes está xa aberto e remata o vindeiro 14 de outubro, dándoselle preferencia ás persoas que xa montaron en anteriores edicións e aos veciños de Cambados interesados en participar, ata completar o aforo existente no Salón de Exposicións José Peña.

O Mercado Tradicional das Flores volverá a celebrarse no Salón de Exposición José Peña a petición das propias florerías, que tamén sinalaron a importancia de que a actividade comezase o mércores día 30 de outubro, coincidindo coa celebración do mercado. Tamén se acordou volver a realizar a contratación dun vixiante nocturno para evitar posibles roubos.