María Solinha o Venres 11 de setembro no Pazo Torrado

María  Solinha o Venres 11 de setembro no Pazo Torrado

A nova película do ourensán Ignacio Vilar, “María Solinha”, xa ten data para a súa estrea en Cambados. A película de María Solinha proxectarase finalmente ao aire libre en Cambados, no Pazo Torrado, o Venres 11 de Setembro ás 21:30 horas con todas as medidas de seguridade e de prevención do COVID-19.

A película “María Solinha”, rodada en Cangas, Redondela, a illa de Toralla e algunha toma en San Martiño de Moaña vai ser proxectada no parque de Torrado ao aire libre (coa instalación dunha pantalla de 12 m e a colocación de 200 asentos) en Cambados o 11 de Setembro.

Ademais, na exhibición, participara o propio director e algún dos seus protagonistas. O filme de María Solinha reconstrúe a historia da viúva canguesa María Soliña, quen foi acusada de bruxería e logo queimada pola Inquisición no 1621.

Entre o elenco destacan referentes do cinema galego como Santi Prego, Antonio Durán ou Mabel Rivera, ademais das actrices protagonistas Graal Montes e Laura Míguez, que foron alumnas do Centro de Artes Escénicas de Vigo.

Trailer da película de María Solinha