O sábado 7 de novembro está convocada en Madrid a Marcha Estatal contra as violencias machistas. A marcha, na que participarán asociacións de mulleres de tódalas tendencias, dende as máis cercanas a estruturas partidarias ata asociacións autónomas, reivindica un gran acordo de estado que avance para poñer fin a esta lacra.
Para esto, a marcha pretende facer visible a gran repulsa de toda a sociedade ante unha violencia que alcanza indiscriminadamente a calquera membro do entorno familiar como son os fillos e fillas. En palabras das organizacións convocantes “o terrorismo machista é unha cuestión de Estado, e para combatelo hai que realizar un pacto de Estado, con compromisos serios e definitivos de tódalas forzas políticas. Dito pacto debe recoller e asegurar uns mínimos para que tódolos gobernos e partidos os inclúan na súa axenda política, e políticas e partidas orzamentarias que non diminúan mentres exista unha vítima sen protección ou atención e ata que non se repare a tódalas vítimas.
Para tódalas persoas que se queiran sumar a esta marcha, dende a Plataforma Feminista Galega, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, porase a disposición de forma gratuíta un autobús que partirá dende Vilagarcía o venres 6 ás 23:30. Para reservar praza en dito autobús deberán enviar un email a pfgpontevedra@gmail.com ou ben chamar por teléfono ao 986 86 62 76