MANU CHAO ACTUARÁ EN ACÚSTICO EN CAMBADOS O 26 DE AGOSTO

MANU CHAO ACTUARÁ EN ACÚSTICO EN CAMBADOS O 26 DE AGOSTO

O concerto terá lugar na Praza de Fefiñáns ás 23 horas

O artista internacional Manu Chao (O Chapulín Solo) estará acompañado por Lucky Salvadori (á guitarra) e Miguel Rumbao (á percusión)  O aforo máximo do evento será de 2500 persoas. As entradas terán un prezo de 10 euros (incluídos os gastos de xestión). As entradas venderanse a través da plataforma ataquilla.com a partir do luns 1 de agosto ás 12 horas.

O concerto de Manu Chao súmase a un excelente programa de concertos e actividades que fai de Cambados unha vila referente no calendario musical e cultural do noso país, con actuacións únicas, á altura das grandes cidades.

 O CHAPULÍN SOLO

(Manu Chao acústico)

O peor da rumba

Cancións de rompe e rasca,

rolas musicarias

manu a manu só con guitarra

acompañado de Lucky Luciano (guitarrita)

e Miguel Rumbao (percusión)

Aguántame rumba ¡Aguantanamera!

o peor da noite vente a estresar…!

temas novos e de sempre!

Non só en China hai futuro!

Mundos ó revés, ekivokadas vidas

veciñas do patio e malegrías

despedidas clandestinas

rúas e máis rúas

vodas e banquetes, enterros e malas vidas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.