Máis de 11.000 persoas participaron en “Cambados Namora” nas redes sociais

Máis de 11.000 persoas participaron en “Cambados Namora” nas redes sociais

Os premios serán entregados o vindeiro venres 22 de febreiro ás 12 da maña na sede de Zona Centro na Rúa Nova de Cambados.

A foto gañadora recibiu 2.000 gústame en Instagram, o xurado do Obradoiro de Emprego de Novas Tecnoloxías e os promotores do concurso crearon unha nova categoría para premiar as fotos máis orixinais que se publicaron nas redes sociais nas que  interactuou un total de 11.172 persoas.

A Concellaría de Economía e Facenda e a asociación de Comerciantes Zona Centro de Cambados, mostráronse moi satisfeitos co desenrolo das distintas actividades que se celebraron o pasado fin de semana no Concello de Cambados para promocionar o Día dos Namorados en Cambados no marco da campaña ”Cambados Namora”. Mesmo, segundo manifestou o propio presidente da Asociación de Comerciantes, Juan Rey, puxéronse en contacto con el asociacións doutros Concellos para felicitalo pola iniciativa, así como propietarios de restaurantes e locais de hostalaría de Cambados. Dende a propia asociación de comerciantes Zona Centro como da Concellaría de Economía de Cambados quixeron agradecer a colaboración tanto dos catro grupos musicais que participaron neste evento, coma da xente que participou nas redes sociais subindo as fotos cos tres carteis que se colocaron no Casco Histórico do Concello de Cambados.

O departamento de Economía do Concello de Cambados, tamén quixo agradecer a asociación Zona Centro e a adega Paco & Lola, a colaboración económica con esta iniciativa, facéndose cargo dos custes dos agasallos que se realizaron nesta campaña de promoción do Comercio e a Hostalaría local nesta época do ano na que hai unha menor demanda turística, e así, gracias as xestións realizadas pola concellaría de Economía e Comercio, o custe desta campaña foi mínimo, xa que os carteis tamén foron realizados polo Obradoiro de Emprego, tendo que sufragar o Concello unicamente os custes das actuacións dos catro grupos locais que tocaron nas distintas prazas de Cambados durante este fin de semana.

Segundo a valoración do xurado do Obradoiro de Emprego, a foto da parella premiada co paquete romántico como coa cea para dúas persoas foron publicadas en Instagram, e recibiron a primeira 1.999 e a segunda 1.615 interaccións nas redes sociais. Vista o numero de publicacións e a repercusión que tivo nas redes sociais esta iniciativa, decidiuse crear unha nova categoría de foto máis orixinal, que tamén van ser agasallados pola adega Paco & Lola con viño da súa edición especial dos namorados.

PREMIADOS CAMBADOSNAMORA

Adxuntos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.