A Festa do Albariño de Cambados acollerá o venres 31 de xullo o único concerto do grupo británico James en España, sendo ademais a súa primeira actuación en Galicia. Será ás 23 horas na Praza de Fefiñáns onde a formación encabezada polo vocalista Tim Booth despregará un repertorio que se nutre de trece LPs e catro EPs e cuxo “big bang” data de 1981. Uns veteranos, si, pero en plena forma, como testemuña o seu último traballo, “Le Petite Mort”(2014), cunhas composicións que se negan a sentarse e ver a vida (musical) pasar. Dous anos despois do seu nacemento puxeron o seu primeiro ovo discográfico, o EP “Jimone”. Co segundo Morrissey xa se tiña declarado fan confeso e pediunos como acompañantes na súa xira. Non só iso, pode dicirse que tal vez foron eles os que inauguraron a etiqueta de “os próximos The Smiths”. Coa chegada do acid house marcaron o seu hit rompedor, un “Sit Down”moi solto e adaptado a aqueles tempos que lles converteu en superestrelas do momento (o tema chegou ao número 2 nas listas británicas e converteuse nun fixo das emisoras de rock moderno de USA, onde abriron para Neil Young) e a partir de aí levaron o seu folk-pop pracenteiro cara a unha época máis experimental. Esta culminou nunha colaboración con Brian Eno, o disco de 1993 “Laid”, o de maior éxito seu en Estados Unidos. Parecíanse moito a unha institución e nese pedestal mantéñense, máis na facción do punteiro grupo de culto que na do seguimento masivo. Tras unha crise entre 2001 y 2007, cando parecía que todo se acabara, volveron en 2008 con “Hey Ma”, cun son revitalizado e máis conectado ao seu “zeitgeist”. Dende entón, e “Le Petite Mort” é a proba, non o abandonaron.
JAMES, O 31 DE XULLO EN CAMBADOS, NA FESTA DO ALBARIÑO
Deixa unha resposta Cancelar a resposta
Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.
M | T | W | T | F | S | S |
---|---|---|---|---|---|---|
« Dec | ||||||
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 | 31 |
Últimas novas

OS REIS MAGOS CONTESTAN A TUA CARTA POR VÍDEO
27 Decembro, 2022
1-Podes descargar a plantilla da carta na páxina

Novo prazo de presentación de solicitudes para participar, na tempada 2022-2023, no Programa de Turismo para persoas maiores do IMSERSO
14 Decembro, 2022
O Instituto de Maiores e Servizos Sociais (Imsers