O 28 de xuño conmemóranse en todo o mundo as revoltas de Stonewall en 1969 no Greenwich Village de Nova York, acontecemento do que este ano se conmemora o 45 aniversario, e que supuxo o nacemento do movemento de liberación gai, lésbico, transexual e bisexual (LGTB), e que se celebra en todo o mundo como o Día do Orgullo LGTB. Unha conmemoración nada da rebelión cidadá contra a inxustiza, a discriminación, a fustigación e a constante persecución social e policial, e que deu orixe a un movemento polos dereitos civís e os dereitos sexuais en todo o mundo.
Hoxe é un día histórico para Cambados, por primeira vez a bandeira do arco da vella presidirá o balcón del Concello e ademáis, no día do Orgullo Gai.
Unha data especial xa que agora se cumpren 10 anos da aprobación da lei do matrimonio entre persoas do mesmo sexo. Fai tan só uns días coñecíase a noticia de que se aprobaba o matrimonio en todos os estados dos Estados Unidos.
Pero queda moito por avanzar a nivel mundial, por iso estamos aquí todos os integrantes deste novo goberno, para demostrar que realmente estamos ante un tempo novo, e que para nós todos somos iguais, que non facemos ningún tipo de distinción e que todos os veciños e veciñas de Cambados contan co noso apoio.
Hoxe demostramos que as sociedades poden facerse mellores a sí mesmas e que poden ensanchar as fronteiras da tolerancia e facer retroceder o espazo da humillación e a infelicidade.