IX CONCURSO DE CAMISETAS DO ALBARIÑO

IX CONCURSO DE CAMISETAS DO ALBARIÑO

ZONA CENTRO E CONCELLO PRESENTARON O IX CONCURSO DE CAMISETAS PROMOVIDO POLA ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES.

A asociación Zona Centro de Cambados premiará un ano máis á peña que, segundo o xurado, mellor defina nas súas camisetas o espíritu da Festa do Albariño.

O colectivo de comerciantes presentou esta mañá o xa tradicional concurso de camisetas do Albariño, que, un ano máis, volve repartir 600 euros en vales compra.

Un xurado formado por membros da Asociación de comerciantes e do Concello elexirán a camiseta gañadora, e a dous finalistas.

O primeiro premio será de 300 euros, o segundo de 200 e o terceiro de 100.

O prazo de presentación dos deseños é ata o 31 de xullo e os interesados en inscribirse deberán presentar un exemplar da camiseta e cubrir unha ficha cos datos dun membro da peña nas oficinas de Zona Centro, na rúa Ourense nº8, de 9 a 14 horas.

A IX edición do que é xa todo un clásico da Festa do Albariño foi presentada esta mañá no Concello de Cambados polo presidente da Asociación Zona Aberta, Juan Rey, e os Concelleiros José Ramón Abal e Xurxo Charlín.

O portavoz do goberno local, Xurxo Charlín, destacaba a disposición do novo executivo para colaborar con Zona Centro en todo aquelo que precise o colectivo, porque entende “que dada a situación económica o concello debe apoiar a todos os sectores productivos de Cambados e igual que se fai co sector do mar se debe estar tamén o carón dos comerciantes”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.