O Concello de Cambados volve a organizar unhas Xornadas de Emprendemento co fin de fomentar a creación de emprego no municipio.
A iniciativa terá lugar o vindeiro xoves 8 de novembro de 10 a 13 horas no Auditorio da Xuventude coa presencia de alumnos dos ciclos superiores do IES Asorey, do obradoiro de Emprego EmpregaXove e do Proxecto Emprendemar.
IV XORNADAS DE EMPRENDEMENTO DO CONCELLO DE CAMBADOS que se celebrara o próximo Xoves 8 de novembro en Cambados de acordo co seguinte programa:
10:00h-10:10h- Recepción e entrega do material.
10:10h-10:15h- Benvida e inauguración das xornadas.
10:15h-11:00h- COMO CREAR A TÚA EMPRESA: OPORTUNIDADES E FERRAMENTAS DE APOIO A EMRENDEDORES.
10:15h-10:30h- Programas de apoio á creación de novas empresas
Instituto Galego de Promoción Económica. IGAPE. (Fernando Álvarez, responsable da Oficina de Igape en Pontevedra)
10:30h-10:30h- As novas tecnoloxías da comunicación ao servizo dos emprendedores.
Operador Galego de Telecomunicacións. (Rosa Piñeiro, Comercial mediana empresa de R)
10:30h-10:45h- Mecanismo de financiamento para a túa empresa.
Caixabank. (Francisco de Borja Sabadell, director da oficina CaixaBank en Cambados)
10:45h-11:00h- O asociacionismo como mecanismo para avanzar co teu proxecto.
Zona Centro. (Juan Rey Presidente da Asociación Zona Centro de Cambados)
11:00h-11:15h- Vieiro de Empresas de Cambados. Proxecto Emprendemar.
Departamento Promoción Económica do Concello de Cambados. (Xurxo Charlín, Concelleiro de Economía e Facenda de Cambados e Eva Aragunde, Orientadora Laboral do Concello de Cambados)
11:15h-11:30h- PAUSA CAFÉ
11:30h-12:00h- PROXECCIÓN DOCUMENTAL EMPRENDEDORES.
12:00h-13:00h- MESA REDONDA: coa participación de distintos proxectos de empresa de mozos/as emprendedores/as locais como modelo de éxito empresarial.
Interveñen: Rafael Cuesta (TecnoGalicia), Paula Agra (Pub Enxebre), Xacobe Abal (Fisioterapia Xacobe Abal, Gustavo Rey Abalo (Fonosaurios) e Leticia García (Nordelaina).
13.00h. CLAUSURA