IV PREMIO DE MICRORRELATOS

IV PREMIO DE MICRORRELATOS

Poderán participar todas as Mulleres que o desexen, de calquera nacionalidade ou cultura e maiores de 16 anos. Cada participante poderá presentar un máximo de 3 microrrelatos que deberán ir escritos en galego normativo.

O tema será libre, pero con especial valoración de aqueles que traten e reflexionen sobre os distintos aspectos da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes (corresponsabilidade, dereitos, empoderamento, etc.).

Enlazando o carácter reivindicativo coa vertente literaria, o microrrelato será por tanto de natureza narrativa e non de mera proclama. Teranse en conta por isto aspectos como a calidade literaria e a orixinalidade das obras.

Os microrrelatos deberán levar título e ter un máximo de 100 palabras (excluido o devandito título).

As obras serán orixinais e inéditas, non estando difundidas por ningún tipo de medio, nin en papel, nin electrónico. Se calquera dos microrrelatos presentados a este concurso incumprise tal requisito, recibira premio ou estivese pendente de resolución noutro certame, quedaría automaticamente descalificado. Tampouco serán admitidos aqueles microrrelatos que atenten contra os dereitos á intimidade, ao honor e á propia imaxe de terceiros/as ou que podan ter connotacións racistas, sexistas e/ou discriminatorias.

As autoras e as/os representantes legais (no caso de minoría de idade) responden ante a organización da autoría e orixinalidade do microrrelato, asumindo a súa total responsabilidade e deixando á Asociación Mulleres Progresistas a salvo fronte a reclamacións de terceiras persoas neste sentido.

Segundo o número e calidade dos microrrelatos recibidos designaranse até 10 finalistas, entre as que se elixirán os premios do certame:

1º Premio: 300 €, figura e diploma

2º Premio: 200 € e diploma

3º Premio: 100 € e diploma

Presentación pública das bases en outubro de 2015.

Os traballos presentaranse no formulario que consta na web da asociación (www.mulleresprogresistas.org), apuntando tamén o nome, apelidos, DNI, data de nacemento, enderezo postal, enderezo electrónico e teléfono de contacto. No caso das participantes menores de idade, no momento de aceptar as presentes bases, terán que estar asistidas pola persoa que ostente a súa tutela legal, quen deberá encher os apartados correpondentes do formulario de envío dando o seu consentimento.

O prazo de admisión para a recepción de traballos péchase ás 23:59 horas do 25 de novembro de 2015. Non se admitirán traballos fóra dese prazo, nin sequera por un retraso de minutos.

Mulleres Progresistas non manterá correspondencia acerca dos orixinais enviados.

O fallo do xurado publicarase o 8 de marzo de 2016, Día Internacional da Muller, puidendo quedar desertos calquera ou todos os premios se as obras presentadas non reúnen unha calidade mínima. O xurado estará formado por mulleres do mundo do asociacionismo feminino, as Letras e a Cultura, sendo inapelable a súa decisión. Dentro do xurado estará unha representante de Mulleres Progresistas.

Os microrrelatos premiados e finalistas, así como aqueles que o xurado estime dignos de difusión, serán colgados na web da Asociación Mulleres Progresistas, polo que as autoras ceden gratuitamente os seus dereitos de reprodución sobre os mesmos á entidade organizadora, sen que isto implique privación dos dereitos de autoría para a súa publicación posterior.

En cumprimento da Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, os datos das participantes non serán comunicados ou cedidos a terceiros. Coa participación neste certame, as autoras dan por autorizada a publicación do seu nome e imaxe na web da asociación, prensa e medios de comunicación co fin de divulgar e dar a coñecer ás gañadoras, finalistas e mencións especiais do concurso. Aquelas autoras que o desexen poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixíndose por escrito a Asociación Mulleres Progresistas, r/ Policarpo Sanz 12-14 2º B 36202 Vigo, axuntando unha fotocopia do seu DNI.

O xurado é o encargado de interpretar exclusivamente as bases deste concurso. A presentación ao mesmo supón a total aceptación das bases.

Podes acceder ao formulario de participación a través do seguinte enlace.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.