As entradas teñen un prezo de 6 euros e pódense adquirir na oficina de turismo de ExpoSalnés, no bar Mans de Gaiteiro e o mesmo día do festival no propio Auditorio da Xuventude de Cambados.
O vindeiro sábado 14 de abril, ás 19 horas, celebrarase no Auditorio da Xuventude de Cambados o IV Festival dos Demos da Petaca a prol de GaliciAME. A presentación tivo lugar hoxe no Salón de Plenos do Concello de Cambados e contou coa presenza dos artistas participantes do mesmo, ademais do concelleiro de Servizos Sociais, Tino Cordal.
O festival estará presentado polo actor e monologuista Pepo Suevos e contará coas actuacións dos grupos Son do Sil, Añoranza, Bruno Canario e Matías Leiro, e os propios Demos da Petaca.
As entradas teñen un prezo de 6 euros e pódense adquirir na oficina de turismo de ExpoSalnés sita no Paseo da Calzada (Cambados), no bar Mans de Gaiteiro (Barrantes) e o mesmo día do festival no propio Auditorio da Xuventude de Cambados ata completar aforo.
Haberá ademais una fila cero para todas aquelas persoas que non poidan asistir ou queiran facer doazóns. O número de conta bancaria da Asociación GaliciAME para facer os ingresos nesta fila cero é o seguinte: ES65 2100 5036 4601 0043 0383. Igual que nas edicións anteriores, todo o recadado será destinado para a investigación contra a AME.