Na bela xeografía galega das Rías Baixas, álzase a vila de Cambados, un lugar no que se xuntan elementos de sabor señorial e mariñeiro, un lugar no que día a día Ribeira de Fefiñáns tenta que os seus clientes gocen dunha estancia grata e entrañable. Aquí escóndese un singular concepto de hostalería que é o da hospitalidade vocacional.