O Salón de Congresos e Exposicións José Peña foi inaugurado o 25 de marzo de 2011, e encerra nos seus muros case un século de historia. O nome que se lle deu é o do fundador da conserveira e ex alcalde de Cambados José Peña Oubiña.

O edificio foi completamente restaurado e pódese dividir a súa utilidade en tres partes. Dúas delas sitúanse na primeira planta. Por unha banda, a parte máis espazosa utilízase na actualidade para múltiples actividades, como congresos, concertos, monólogos, actividades infantís, “parties informáticas” ou ” O Tunel do Viño”, espazo profesional de cata durante a festa do viño albariño. Por outra banda, conta ca parte adicada a museo, no que podemos atopar o antigo despacho de Jose Peña, así como maquinaria que se utilizaba para enlatar os produtos que elaboraban, e información en diferentes paneis sobre a historia da antiga fábrica e do sector da conserva en Cambados.

Na segunda planta do edificio, atópase a Sala de Catas e Degustacións, que se emprega para cursos específicos e showcookings.

Address

Our Address:

O Borrón Street, 14

GPS:

42.5117634055864, -8.816761672496796

Telephone:

-

Email:

-

Web:

-

Planificar miña ruta

Leave a Review

Prezo
Localización
Persoal
Servizos
Comida
Publishing ...
Your rating has been successfully sent
Please fill out all fields