D. Diego de Zárate y Murga , I Marqués de Montesacro por decreto de Felipe V, construíu na vila de San Tomé o pazo de Montesacro no s. XVIII, ao estilo barroco da época.

Destaca na súa fachada o elegante escudo de armas dos Zárate y Murga, timbrado pola cruz de Santiago, e a coroa do marqués, da cal sae un brazo esgrimindo unha espada.

En 1937, a esposa do VIII Marqués de Montesacro, Dna. Juana María Grisone, ao quedar viúva e sen fillos, decidiu vender o pazo. Nun primeiro momento a compra ía a realizala o empresario cambadés D. Manuel Otero, pero finalmente optou por cedela ás “Hermanitas de la Caridad”  para que puidesen ampliar o asilo que naquel momento estaba  no pazo de Torrado.

O pazo de Monstesacro foi entón completamente remodelado, pasando a ser residencia de maiores.

Address

Our Address:

Rúa Narciso Pérez, 41

GPS:

42.508754095867, -8.8166946172714

Telephone:

-

Email:

-

Web:

-

Planificar miña ruta

Leave a Review

Prezo
Localización
Persoal
Servizos
Comida
Publishing ...
Your rating has been successfully sent
Please fill out all fields