Cambados, coñecido por ser a Capital do Viño Albariño, situou nesta praza no 50 aniversario da festa do viño, unha estatua de bronce feita polo escultor Francisco Leiro, adicada a Baco, deus do viño na mitoloxía romana.
- Adegas
- Apartamentos
- Bar / Tapería
- Cambados, capital do Albariño
- Casas rurais
- Farmacias
- Festa do Albariño
- GUIMATUR
- Hostal
- Hotel
- Lecer
- Museos
- PAVI - TREN
- Restaurante
- Vila de Cambados
- Vila de Fefiñáns
- Vila de San Tomé
- Viños
Data do s. XVII, e é unha excelente mostra do que foron e son as casas nobres de Cambados. Destaca a torre almeada da década dos 60, así como distintos escudos das liñaxes familiares, entre os que se atopan os dos Feijoo, os dos Sotomayor, e os dos…
Construída no s. XIX, destaca a decoración da súa fachada, de claros matices neobarrocos en forma de numerosas cunchas de vieiras.
Antiga praza da Constitución, era o lugar onde se atopaba o primeiro edificio do consistorio, ata que se trasladou no ano 1873 á situación actual.
Situada moi próxima á praza Alfredo Brañas, a casa Fariña, pertencente ao antigo procurador D. Luís Fariña, ostenta na súa fachada un elegante escudo de armas dos fundadores: os Figueroa, os Valladares, os Sotomayor, entre outros.
Fundado baixo a orde franciscana e posta baixo a advocación da Inmaculada Concepción polo matrimonio natural de Vilaxoán D. Juan Daval e Dna. María Pérez no ano 1588.
A Casa dos Fraga é unha fermosa edificación de finais do s. XIX, que ocupa os terreos onde probablemente se situaba a parte do claustro do antigo convento de San Francisco.
Foi construído no soar que ocupaba a antiga morada de D. Lope Sánchez de Ulloa pola súa filla Dna. María Sanchez de Ulloa, sendo residencia dos seus fillos D. Diego de Acevedo, militar, e D. Alonso Fonseca III, arcebispo de Santiago e de Toledo e un…
Antiga casa reitoral do s. XVI, pasa a formar parte da Rede de Museos do Concello de Cambados en 2001, sendo o primeiro museo desta temática en Galicia, e un dos primeiros en España.
Situada aos pés do monte da Pastora, nas inmediacións dun antigo castro, atópanse os restos da antiga igrexa parroquial de Santa Mariña, patroa de Cambados.