Situado nun dos puntos máis emblemáticos de Cambados, xunto ás Ruínas de Santa Mariña Dozo, atopamos o Museo Etnográfico e do Viño, que é o primeiro museo do viño de Galicia e un dos primeiros de España.
Está composto por dous edificios: unha antiga casa reitoral e un edificio de nova construción unidos por unha pasarela acristalada.
O viño albariño é esencial no municipio de Cambados, e así nolo van amosando nas distintas salas do museo.
O discurso expositivo invítanos a un percorrido pola historia, a arte, a cultura popular, así como todos os aspectos vitivinícolas da Denominación de Orixe Rías Baixas.
No xardín podemos atopar o conxunto escultórico “Loureiro” de Manolo Paz formado por unhas enormes copas de viño de granito, xunto con un Lagar. Ademais o museo conta cunha tenda, servizos de información e visitas guiadas concertadas.
Prezos:
-Entrada única: 1€
-Menores de 11 anos: gratis