A Casa Rural Terra Santa nace dun antigo soño dos propietarios, de finalizar o ciclo de degustación do viño elaborado por eles cun goce turístico por parte da gran cantidade de xente que acode á adega e manifesta a súa intención de poder ver, e mesmo axudar nos labores da vendima, trasiega, embotellado, transporte..etc do viño e mesmo do goce da zona na que se atopa a adega.
Coa adaptación da edificación, na primeira planta e baixo cuberta, para establecemento de turismo rural preténdese destacar, e engrandecer todos os elementos relacionados co viño.