Ramón Cabanillas naceu no ano 1876 nunha pequena edificación mariñeira situada no barrio de Fefiñáns, que foi rehabilitada e transformada en casa museo e aberta ao público o 28 de xullo de 1998.
Un vídeo explicativo móstranos un resumo da vida e obra do autor, onde se aprecia a importancia do poeta na súa época.
Así, ambientes, influencias, obxectos e un amplo abanico de pequenos detalles, recollen a figura do poeta galego máis relevante das “Irmandades da Fala”, organización galeguista que desenvolveu a súa actividade entre 1916 e 1931.
Visitas: mediante cita pevia, pedir cita no email cultura@cambados.es
Cabanillas e as Reais Academias
No ano 1920 Ramón Cabanillas Enríquez ingresa na Real Academia Galega xunto con Antonio Rei Soto.
O seu discurso “A Saudade nos Poetas Galegos” foi elexido o 31 de agosto en Mondariz e foi contestado polo secretario da Academia D. Eladio Rodríguez González.
Nove anos máis tarde instálase en Madrid, e Cabanillas é nomeado membro da Real Academia Española da Lingua xunto con Armando Cotarelo. O 26 de maio le o seu discurso de entrada “Un Somero Recordo da Vida e Obra de Eduardo Pondal”, contestado polo Marqués de Figueroa D. Juan Armada e Losada.
Obra
Ramón Cabanillas escribiu sobre todo poesía, con todo, a gran riqueza cualitativa e cuantitativa que o avala fixo del un artista sen limitacións.
As diferentes temáticas (relixiosa, amorosa, social) e os diferentes estilos (poesía, dramática e lírica, e prosa) quedan patentes na súa maxistral obra que empeza na Habana en 1913 con No Desterro e continuará ata o fin dos seus días con xoias como: Vento Mareiro (1915), Da Terra Asoballada (1917), O Bendito San Amaro (1926), Na Noite Estrelecida (1926), A Rosa de Cen Follas (1927), Camiños no Tempo (1949), Da Miña Zanfona (1954), Versos de Alleas Terras e Tempos Idos (1955) e Samos (1958).