En breve:
Baños: 13
Dormitorios: 10
Capacidade total de hóspedes: 18
Descrición:
No alto dun outeiro, vixiando a Ría de Arousa e rodeada de hectáreas de viñedos de uva albariño que se estenden no horizonte ata fundirse co mar, atopámonos coa Casa dos Maza, unha espectacular casa solariega construída en 1876 e rehabilitada en 2012, xunto á cal se erguen unha serie de edificacións anexas formando un complexo de ensueño, case de fantasía, onde destacan o hórreo, o palomar ou o estanque que día tras día recibe auga directamente dunha mina de auga natural.
A vivenda distribúese en 4 alturas:
No soto, con saída ao xardín, atopamos unha zona multiusos en torno a unha auténtica “lareira” da época, ideal para os máis pequenos así como para gozar en familia ou con amigos cando o tempo de outono, puramente galego, invita a quedar na casa.
Na planta baixa están os elegantes salóns que, coas súas prominentes paredes de granito, lle outorgan á vivenda o carácter señorial que a define. Así mesmo, unha cociña completamente equipada e de tamaño industrial, permite aos hóspedes gozar das marabillosas exquisiteces que tanto a terra coma o mar desta marabillosa Ría nos ofrece.
A xoia da coroa da planta baixa é a espectacular terraza desde a que contemplar as fabulosas postas de sol nas noites de verán convértese nunha auténtica e inigualable experiencia.
Nas plantas superiores están os cuartos, todos equipados con baño completo e armarios empotrados. A primeira planta componse de cuartos dobres e, na segunda, pensada para os máis pequenos, atopamos cuartos triplos.
Casa dos Maza está xestionada pola Fundación Condado de Taboada, entidade privada sen ánimo de lucro. Os ingresos desta casa única xeran recursos vitais para a súa misión de promover a investigación médica na loita contra o cancro, xunto co desenvolvemento social e proxectos de extensión en Galicia.
