A Casa dos Fraga é unha fermosa edificación de finais do s. XIX, que ocupa os terreos onde probablemente se situaba a parte do claustro do antigo convento de San Francisco.

Foi adquirida polo Concello de Cambados no ano 2005 e completamente rehabilitada para así, no 2010, abrir as súas portas como a nova Biblioteca Municipal. Dende 2015 leva o nome de biblioteca municipal Luis Rei.

Nos seus xardíns atopamos ademais varias esculturas, como un busto de Cervantes ou un libro de grandes dimensións con versos de Cabanillas.

Na actualidade, a biblioteca municipal conta con máis de 3000 socios, pois é un lugar ideal para ler, estudar, navegar pola rede ou participar nas variadas actividades que aquí se realizan: contacontos, obradoiros creativos, presentacións literarias…

Address

Our Address:

Rúa San Francisco, 25

GPS:

42.514377767754, -8.8130232487193

Telephone:

-

Email:

-

Web:

-

Planificar miña ruta

Leave a Review

Prezo
Localización
Persoal
Servizos
Comida
Publishing ...
Your rating has been successfully sent
Please fill out all fields