A Casa A Pastora, un hotel con encanto no municipio de Cambados na provincia de Pontevedra a metros do Monte A Pastora. Terra de uva albariño de onde nacen os mellores viños con denominación de orixe.
No acolledor salón-comedor de Casa A Pastora podes tomar o almorzo, e reservar cea a elección do visitante. As ceas están compostas dun menú típico galego, no que podemos distinguir pratos con excelente produtos que nos brinda o mar das Rías Baixas,como o chopo guisado ou a zamburiña á cazola, regadas sempre co excelente albariño Igrexario de Saiar producido a partir dos nosos propios viñedos.