INTERVENCIÓNS SOCIOEDUCATIVAS NA ESCOLA

INTERVENCIÓNS SOCIOEDUCATIVAS NA ESCOLA

A Concellaría de Servizos Sociais organiza 17 obradoiros neste trimestre en tódolos centros educativos de Cambados, “TBO e non che creo” e “E ti que opinas?”

A Concellaría de Servizos Socias que dirixe Tino Cordal, xunto co Servizo Preventivo Asistencial de Drogodependencias, esta a organizar dende a pasada semana actividades de prevención dirixidas ao profesorado e alumnado (nenos/as de 10-11 anos) de 5º curso de Educación Primaria dos centros educativos do concello de Cambados: II edición dos Obradoiros “TBO e non che creo” (intervención socioeducativa sobre a prevención do uso/abuso de alcohol e elaboración dun cómic sobre os mitos do alcohol).

Esta actividade está organizada por parte do Servizo Preventivo Asistencial de Drogodependencias (Equipo de Prevención) e a Concellaría de Servizos Socias dende o 21 ao 27 de febreiro de 2018, rematando mañá con dous obradoiros no CEP “Antonio Magariños Pastoriza”.

A duración dos obradoiros é de 1 h. 50 minutos ou 2 horas aproximadamente (2 sesións). No noso ámbito xeográfico de actuación realízanse durante este 2º trimestre do curso escolar un total de 6 obradoiros (12 sesións) dirixidos a unha poboación total de 153 (146 alumnos/as e 7 profesores/as).

O consumo de alcohol forma parte da nosa cultura, sendo a droga máis consumida no noso pais e da que se ten unha percepción de risco ou perigosidade máis baixa. Dende idades temperás escoitamos e interiorizamos diversos mitos e falsas crenzas sobre os posibles beneficios asociados ao seu consumo. A través de esta actividade queremos incidir nas idades previas ao inicio do consumo de alcohol co obxectivo de modificar a percepción de normalidade do consumo, incrementar a percepción de risco, modificar a percepción normativa do grupo e as crenzas erróneas ou mitos en relación ao uso do alcohol.

INTERVENCIÓNS SOCIOEDUCATIVAS NA ESCOLA OBRADOIROS “E TI QUE OPINAS?”

Durante os días 19-22 de marzo e 9 de abril está programada a realización dos Obradoiros “E ti que opinas?”, dirixidos ao alumnado (11-12 anos) e profesorado de 6º curso de Ed. Primaria. Durante os días 5, 6 e 9 de abril están programadas actividades dirixidas a diferentes cursos de 3º-6º de Ed. Primaria.

No noso ámbito xeográfico de actuación realízanse durante este 2º trimestre do curso escolar un total de 11 obradoiros (22 sesións) dirixidos a unha poboación total de 336 (317 alumnos/as e 19 profesores/as).

Nestes obradoiros abordaranse temas relacionados coa publicidade, drogas legais (alcohol e tabaco), presión de grupo, adicción as novas tecnoloxías e igualdade de xénero.

Os obradoiros son impartidos polo persoal da Área de Prevención do S.P.A.D. (Servizo Preventivo Asistencial de Drogodependencias): Mª Angeles Bravo Pombo (Psicóloga Clínica – Responsable da Área da Prevención).

Comments (2)

  1. Hola Tino Cordal, estas iniciativas están moi ben, pero penso que sería mellor que se fixeran en centros de secundaria xa que os adolescentes comenzan a sair e queren probar cousas novas e non ven os perigos que poden causarlles.

    1. Xurxo Charlín Trigo

      Hola Pilar, a través de esta actividade queremos incidir nas idades previas ao inicio do consumo de alcohol co obxectivo de modificar a percepción de normalidade do consumo, incrementar a percepción de risco, modificar a percepción normativa do grupo e as crenzas erróneas ou mitos en relación ao uso do alcohol. Pero tamen fixemos actividades con rapaces de idade máis avanzada como no concerto de Maxima FM que se levou unha actividade de prevención no concerto

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.