INFORME DE ACTIVIDADES PARA A PREVENCION DE DROGODEPENDENCIAS EN CAMBADOS

INTERVENCIÓNS SOCIOEDUCATIVAS NA ESCOLA

 “XI OBRADOIROS DE BEBIDAS SAUDABLES”

PREVENCIÓN DO USO/ABUSO DE ALCOHOL – PREVEALCOHOL COS NENOS E NENAS

 

Informámosvos da realización da “XI edición dos Obradoiros de bebidas saudables” (intervención socioeducativa sobre a prevención do uso/abuso de alcohol) organizada por parte do Servizo Preventivo Asistencial de Drogodependencias (Equipo de Prevención)  durante os días 2,3, 4 e 10 de marzo de 2016.

Estes obradoiros están dirixidos ao alumnado de 5º curso de Educación Primaria (alumnos/as de 10-11 anos, profesores/as) dos Centros de Educación Primaria do Concello de Cambados.

 

DATAS HORARIO CENTROS PARTICIPANTES LUGAR REALIZACIÓN
02/03/16 09:30h. CEP  “Antonio Magariños Pastoriza”  

Nos centros educativos

 

03/03/16 10:00h. CEIP  “Enrique Barreiro Piñeiro”
04/03/16 12:00h. CEIP  “San Tomé”
10/03/16 12:00h. CEIP  “Castrelo”

POBOACIÓN PARTICIPANTE:

158 ( 151 alumnos/as; 7 profesores/as). 4 obradoiros (9 sesións)

A duración dos obradoiros é de 1 h. e 40 minutos ou 2 horas aproximadamente (2 sesións).

Durante os días 4, 5, 7 e 8 de abril está programada a realización dos Obradoiros “E ti que opinas?”, dirixidos ao  alumnado (11-12 anos) e profesorado de 6º curso de Ed. Primaria, nos que abórdanse temas relacionados coa publicidade, drogas legais (alcohol e tabaco) e presión de grupo así como contidos relacionados coa adicción as novas tecnoloxías. No caso do CEIP “Castrelo” que xa participou nesta actividade o día 22 de xaneiro, abórdanse novos contidos relacionados co Xénero e igualdade e os destinatarios serán o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria.

 

DATAS CENTROS PARTICIPANTES
04/04/16 CEIP  “Castrelo”
05/04/16 CEIP  “San Tomé”
07/04/16 CEIP  “Enrique Barreiro Piñeiro”
08/04/16 CEP  “Antonio Magariños Pastoriza”

POBOACIÓN PARTICIPANTE:

149 ( 142 alumnos/as; 7 profesores/as)

4 obradoiros (8 sesións)

 

Durante o presente curso escolar 2015-2016 lévanse a cabo, como en cursos anteriores, diversos programas e actividades preventivas nos ÁMBITOS: escolar, familiar, xuventude, laboral, xénero e actividades transversais.

No ámbito escolar realízanse diversas intervencións socioeducativas: Implantación de diversos materiáis didácticos preventivos dos programas “Saúde na escola”, “Contos para conversarmos”, Programa “A aventura da vida”,  Programa “Órdago”  e “Pantallas amigas” (uso seguro das TIC);  Traballo en valores a  través do Cine: “O Cine como elemento de prevención”; Intervencións socioeducativas na aula con temáticas relacionadas coa prevención de drogas legais e ilegais e outras condutas aditivas (uso seguro e responsable das TIC), factores de risco e protección, educación para a saúde, habilidades sociais (autoestima, presión de grupo, integración no grupo, toma de decisións, resolución de conflitos) e prevención do VIH/Sida – obradoiros afectivo.

 

Nas intervencións socioeducativas realizadas e programadas ata o momento no ámbito escolar ao longo de todo o curso actual 2015-16 (actividades informativas e formativas dirixidas ao alumnado de educación primaria, secundaria e ciclos formativos), prevese unha poboación destinataria total de 1.184 (1.130 alumnos/as; 54 profesores/as) participantes 67 sesións.

A poboación total destinataria de todos os programas preventivos (escolar, familiar, xuventude, laboral, xénero e actividades transversais) prevista anualmente abarca como en anos anteriores unha poboación aproximada de 2.000 persoas.

 

 

Os OBRADOIROS DE BEBIDAS SAUDABLES englóbanse dentro dun Subprograma de Educación para a Saúde. A través do seu desenvolvemento teórico-práctico pretendemos que os nenos/as reflexionen sobre o consumo de bebidas que habitualmente consumen, tanto eles/as como no seu entorno próximo, proporcionándolles unha información clara sobre o uso/abuso do alcohol. Así como fomentar o consumo de bebidas saudables, ofertando unha alternativa ó consumo de bebidas alcohólicas e azucradas comerciais.

 

A  súa metodoloxía, consiste básicamente no seguinte:

–  Introducción participativa do grupo para expresar a experiencia propia en relación ó consumo de bebidas.

–  Exposición de contidos en relación as bebidas.

–  Realización práctica das bebidas seleccionadas.

–  Degustación.

–  Coloquio.

–  Avaliación.

 

Os Contidos abordados son os seguintes:

·  Tipo de bebidas alcohólicas. Orixe e graduación.

·  Metabolismo do alcohol.

·  Efectos sobre o organismo a corto prazo e longo prazo.

·  Efectos sobre o comportamento.

·  Alcohol e conducción.

·  Mitos e crenzas erróneas.

·  Necesidades nutritivas.

·  Consumo moderado.

·  Propiedades nutritivas e cualidades organolépticas das bebidas saudables.

·  Creatividade, atractivo e entretemento.

 

Como en anos anteriores, está prevista a realización de carteis por parte do alumnado con temática sobre o alcohol (campaña de sensibilización na que os nenos desenvolven un papel activo na difusión de mensaxes preventivos) e a súa exposición no Centro Sociocultura e Xuvenil “A Merced” (programada inicialmente a partir do 8 de xuño, durante un período de 15 días).

 

Os obradorios son impartidos polo persoal da Área de Prevención do S.P.A.D. (Servizo Preventivo Asistencial de Drogodependencias):

Mª Angeles Bravo Pombo (Psicóloga Clínica – Responsable da Área da Prevención).