Dende a Área de Medio Ambiente, do Concello de Cambados, realizáronse importantes modificacións na xestión do Punto Limpo, pese a que levaba mais de dez anos en funcionamento o deterioro nas instalacións e no seu correcto funcionamento eran máis que evidentes. Entre as medidas correctoras que se levaron a cabo podemos citar:
-
Novo emprazamento dos residuos perigosos no almacén de RPs.
-
Clasificación e separación dos residuos perigosos almacenados. Adquisición de novos colectores.
-
Identificación do emprazamento de almacenamento para os residuos perigosos e os seus correspondentes códigos LER .
-
Instalación da porta do almacén de RPs.
-
Colocación dun cartel cos pictogramas de risco para facilitar a identificación dos residuos por parte dos operarios do Punto Limpo.
-
Creación de libros de rexistro diferenciados : rexistro de residuos non perigosos e rexistro de residuos perigosos.
-
Arquivo dos rexistros antigos para unha mellor localización de ser preciso.
-
Asesoramento dos operarios para unha mellor segregación dos residuos perigosos e non perigosos.
-
Instalación de novos colectores para a recollida de residuos non perigosos.
-
Mellora na segregación no colector de voluminosos.
-
Entrega da guía para a clasificación de residuos nos puntos limpos da Xunta de Galicia ós operarios.
-
Tramitación da Ordenanza de Funcionamento das instalacións do PL.
-
Adhesión a os seguintes convenios de colaboración:
-
-
Convenio Marco de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Galicia e as Entidades Xestoras dos Sistemas Integrados de Xestión (SIX) de Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos (RAEE).
-
Convenio Marco de Colaboración entre a Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e as Entidades Xestoras dos Sistemas Integrados de Xestión (SIX) de Residuos de Pilas e Acumuladores.
-
-
Reparación do peche do recinto por parte do departamento de obras, así como o illamento dunha zona do almacén de residuos perigosos para cumprir ca normativa.
-
Solicitude de presupostos para a xestión dos diversos residuos a xestores autorizados.
Grazas a estas modificacións por primeira vez o Concello de Cambados facturou preto de 1000€, que lle serán ingresados pola boa xestión realizada.